Thursday 16 de May de 2024

Cribaxe na hostalaría local pobrense


A Consellaría da Sanidade realizará unha cribaxe na hostalaría local da Pobra. Neste senso, o Concello colabora co departamento de Medicina Preventiva facilitándolle datos e estímase que se efectúen as probas a aproximadamente un cento de persoas traballadoras dos establecementos hostaleiros. Será o propio Sergas o que notifique a convocatoria, ademais da data e lugar.

A Administración local reitera o seu agradecemento pola colaboración amosada por parte deste sector.